Atlántica Gastronómica arranca bajo el sol de O Parrote con conciertos y comida
31 mayo, 2019
Estas son las empresas que dan de comer a Inditex
21 octubre, 2019

O primeiro comedor laboral ‘slow food’ en Arteixo

Vía TVG

Mira aquí el vídeo

En 1986 o italiano Petrini creou o movemento internacional slow food co manifesto Quilómetro cero. Os alimentos do país chegan á mesa ao día seguinte de seren recollidos e obtéñense a menos de cen quilómetros do prato.

Dentro de Inditex e Zara Loxística, en Arteixo, funcionan os primeiros comedores de proximidade. Miguel Negreira, á cabeza de varias familias de Coristanco, ensínanos as leiras acabadas de plantar no lugar de Nogueira, de onde sairán cen mil quilos de patacas cara a Inditex.

Miguel Negreira, produtor e distribuidor de patacas de Coristanco: «Estou contento con non ter intermediarios. Iso é fundamental para calquera agricultor. Axúdache a producir máis cantidade e con prezos moi razoables, máis ben bos. Polo menos sabemos que temos saída para os nosos produtos e sabes que hai empresas interesadas en axudarche a medrar».

Eles son Leticia Pan e Gustavo Souto, un matrimonio novo que instalou a súa ECO Horta Millarada en dúas parroquias de Arteixo: en Lañas, onde estamos hoxe, e en Suevos. Desde hai tres anos, o 30 % da súa produción de selo ecolóxico vai para Inditex.

Leticia Pan, Eco Horta Milllarada: «En liña recta estamos a uns dous quilómetros, nós achegamos o produto ao comedor e sempre en caixas reutilizables. Demandasn só variedades autóctonas».

Maira Vilar, unha traballadora social e emprendedora, creou Pata celta e agora abastece de porco galego, que segue en perigo de extinción, os comedores de Inditex.

Desde 2016, no mundo do téxtil transnacional, da bolsa, das présas, os 4.100 empregados de Inditex e Zara loxística non comen produtos industriais, senón autóctonos e ecolóxicos.

Comments are closed.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies